Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía sobre feminismo, xénero e igualdade: Manifesto Bibliotecas en Igualdade

Manifesto Bibliotecas en Igualdade

O 21 de outubro de 2021 a Universidade da Coruña adheriuse ao Manifesto Bibliotecas en Igualdade, unha iniciativa promovida pola Asociación Clásicas y Modernas para la igualdad de género en la cultura.

Entre os compromisos asumidos pola Universidade da Coruña coa sinatura deste manifesto está tratar de activar nas súas bibliotecas unha mirada crítica con perspectiva de igualdade:

- Darase unha maior visibilidade ás escritoras e ás súas obras.

-  Revisaranse os fondos bibliográficos, en formato libro ou dixital, para emendar os baleiros e as ausencias de obra literaria e intelectual escrita por mulleres de todos os tempos.

- Así mesmo a proposta está orientada a que nas novas adquisicións de obras de lectura e consulta se procure o equilibrio na autoría para facilitar a dispoñibilidade das novidades asinadas por homes e por mulleres.

- Divulgarase en sitios web, redes sociais e outros medios cantas accións se realicen nos ámbitos das bibliotecas, co fin de lle dar visibilidade á produción cultural das escritoras.

- Tratarase de impulsar, na medida do posible, a cooperación e a creación de alianzas entre bibliotecas e outros axentes implicados para a optimización dunha nova perspectiva que acabe coa fenda de xénero.

Nota de prensa da presentación do proxecto

Manifiesto "Bibliotecas en Igualdad"

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons