Skip to Main Content

Guía sobre feminismo, xénero e igualdade: Mostras e exposicións

Mostras e exposicións

Con motivo da celebración cada 8 de marzo do Día internacional da Muller, nos últimos anos realizáronse exposicións nas distintas bibliotecas da UDC nas que se homenaxeou a mulleres destacadas nos distintos eidos da ciencia, a cultura, a tecnoloxía ou as artes. Esta iniciativa levou o nome de Mulleres nas bibliotecas da UDC. Así, en cada unha das bibliotecas presentáronse libros ou artigos escritos por elas ou sobre elas, paneis informativos sobre a súa vida e obra e material interactivo accesible a través de Internet.

Mulleres nas bibliotecas da UDC: documento interactivo que recolle 22 biografías de científicas, enxeñeiras, arquitectas, mestras, deportistas, escritoras... Todas elas acompañadas de ligazóns aos fondos das nosas bibliotecas onde poder afondar no coñecemento das súas traxectorias vitais e as aportacións á cultura e o coñecemento.

Nas seguintes ligazóns pódense consultar os carteis promocionais das diferente edicións:

 

Pola estreita relación dos seus fondos con estas temáticas, tamén salientamos o labor que a Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación vén realizando en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da UDC coa finalidade de visibilizar e poñer en valor a produción literaria, científica e artística de distintas autoras. Ao longo dos últimos anos realizáronse diversas exposicións:

Outras mostras bibliográficas:

  • O xenero en disputa: bibliografía ao redor das cuestións da identidade de xénero con motivo da celebración do orgullo dos colectivos LGTBIQ.
  • 25 na BUDC: guía elaborada con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que recolle unha selección de libros e películas relacionadas con esta temática que están dispoñibles na nosa colección, así como as actividades realizadas desde algunhas bibliotecas de centro.
  • Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: guía elaborada con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que recolle unha selección de libros e películas relacionadas con esta temática que están dispoñibles na nosa colección, ademais de ofrecer unha selección de recursos e materiais externos que poden resultar de interese.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons