Ir ao contido principal

Guía sobre feminismo, xénero e igualdade

Introdución

Con esta guía preténdese contribuír á difusión de recursos sobre feminismo, xénero e igualdade, tanto de carácter xeral (sitios web, revistas, asociacións, etc.) como todo o que se pode aportar dende a Universidade da Coruña e o propio Servizo de biblioteca sobre estas temáticas. Ademais, preténdese informar á comunidade universitaria de actividades que teñen á súa disposición (como o Plan de Formación en Igualdade na Universidade da Coruña) ou sobre o uso non sexista da linguaxe, entre outros.

A igualdade de xénero forma parte dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, aprobados en 2015 como parte da Axenda 2030.

Fotografía igualdade

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons