Ir ao contido principal
Infografías elaboradas polo portal Statista
Ligazóns de interese
- Científicas en cifras: serie estatística elaborada pola Unidad Mujeres y Ciencia que serve como liña base para o seguimento do impacto das políticas e medidas implementadas en materia de igualdade en ciencia.
- Estatística de violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia
- Gender Data Portal: portal de datos de xénero do Banco Mundial que recolle de forma centralizada datos actuais e históricos desglosados por sexo. Reúne datos de alta calidade sobre mulleres e homes abarcando una ampla gama de temas, como demografía, educación, saúde, oportunidades económicas, etc.
- Gender Statistics Database: base de datos do EIGE (European Institute for Gender Equality) que contén estatísticas de xénero de toda a Unión Europea.
- Instituto Galego de Estatística. Indicadores de xénero
- Instituto Nacional de Estadística. ODS. Indicadores Agenda 2030. Igualdad de género
- Mujeres en cifras: base de datos do Instituto de la Mujer composta por un conxunto de indicadores que reflicten a situación das mulleres nos distintos ámbitos da sociedade (educación, ciencia e tecnoloxía, saúde, violencia, etc.)
- Mujeres y hombres en España: publicación anual, realizada polo INE en colaboración co Instituto de la Mujer, que ofrece desde unha perspectiva de xénero, unha selección dos indicadores máis relevantes no momento actual que permitan analizar a situación de homes e mulleres, en determinadas áreas sociais e económicas como educación, emprego, salarios e inclusión social, etc.
- Observatorio Igualdad y Empleo. Estadísticas: acceso ás principais estatísticas oficiais en materia de emprego e emprendemento en España. Atópase información estatística a nivel estatal e autonómico que permite visibilizar as brechas de xénero entre mulleres e homes que existen no mercado laboral.
- OECD Gender Data Portal: portal de xénero da OCDE que inclúe indicadores que amosan as desigualdades de xénero na educación, o emprego...mostrando que tan lonxe se está de lograr a igualdade de xénero e onde se necesitan máis accións. Os datos cobren os países membros da OCDE, así como as economías asociadas, como Brasil, China, India, Indonesia e Sudáfrica.
- Portal Estadístico de la Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es