Ir ao contido principal

Guía sobre feminismo, xénero e igualdade

Selección de revistas nacionais en acceso aberto sobre feminismo, muller e estudos de xénero

 

 

 

Publicación que aparece en forma de monográfico e aborda aqueles temas que se encadran dentro das investigacións sobre o xénero e os estudos culturais desde unha perspectiva interdisciplinar.

 

 

 

 

 

  • Asparkía. Investigación feminista
  • Publicación semestral que aparece en forma de monográfico abordando aqueles temas encadrados dentro da investigación feminista e os estudos de xénero cunha perspectiva interdisciplinar.

 

 

 

 

  • Atlánticas: Revista Internacional de Estudios Feministas

    Publicación que nace en 2016 no marco do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da UDC. Recolle artigos sobre teoría feminista e estudos de xénero dun ámbito internacional. Normalmente, en cada número hai unha sección de temática monográfica e unha serie de artigos de temática libre. A revista conta tamén cunha entrevista a unha académica especializada na temática do monográfico e unha serie de recensións de publicacións relevantes no campo de estudos de xénero.

     

     

  • Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social

Ten como obxectivo a difusión das achegas das investigacións, análises e estudos científicos e tecnolóxicos como elementos de innovación social desde unha perspectiva integradora que permita alcanzar a igualdade de mulleres e homes.

 

 

 

  • Clepsydra. Revista de estudios de género y teoría feminista

    Ofrece unha visión xeral do tipo de cuestións que expón a análise de xénero e a teoría feminista en distintos territorios teóricos, abordándose as relacións que diversas disciplinas manteñen co enfoque de xénero e a teoría feminista. Os dous grandes ámbitos tratados polas especialistas son o da ciencia (especialmente, as ciencias sociais) e o da literatura.

 

 

 

  • Cuestiones de género: La igualdad y la diferencia.

    Revista aberta a todos os traballos de investigación realizados na área dos estudos feministas e da muller co obxectivo de afianzar un espazo académico e interdisciplinar de indagación, encontro e debate sobre o xénero. 

 

 

 

  • Dossiers Feministes

    Publicación anual, en forma de monográfico, que trata temas de interese para a investigación feminista e os estudos de xénero desde unha perspectiva interdisciplinar.

 

 

  • Femeris: Revista Multidisciplinar de Estudios de Género

    Ten por obxecto divulgar estudos doutrinais e rigorosos sobre xénero no ámbito de todas as disciplinas, entre elas, a historia, a filosofía, as ciencias xurídicas, as ciencias sociais e ciencias da información, entre outras.

 

 

 

  • Feminismo/s

    Cun enfoque de carácter interdisciplinar, a súa finalidade é a de impulsar e canalizar a investigación no ámbito dos estudos de xénero e das mulleres, proporcionando ao público lector unhas ferramentas de análise para a interpretación das relacións de xénero no ámbito socio-cultural contemporáneo sen deixar a perspectiva histórica.

 

 

Revista cuadrimestral de alcance mundial que publica artigos tanto de resultados de investigacións multidisciplinares, como discusións teóricas sobre diferentes aspectos do xénero e do feminismo. Recolle diferentes temas como son violencia de xénero, saúde e xénero, educación e xénero, teorías sobre o amor, novas masculinidades, teoría feminista, multiculturalidad e xénero, muller e relixión, muller na historia, pobreza e xénero, modelos de feminidade, transexualidad e diversidade de xéneros, muller e imaxe, medios de comunicación e xénero, liderado feminino e muller nas organizacións e o mundo empresarial, pero non se limita unicamente a eles e acéptanse outros artigos doutras temáticas sempre relacionados con xénero. Todos os artí­cus publicados que se aceptan están orientados á superación das desigualdades e discriminacións de xénero.

Revista internacional de periodicidade semestral que publica traballos que contribúan a enriquecer o coñecemento científico en Estudos sobre Feminismo, Xénero e Mulleres. O seu carácter é multidisciplinar, publicándose traballos de diferentes ámbitos científicos, aínda que todos eles orixinais e baseados en investigacións científicas.

 

 

Publicación de carácter multidisciplinar e internacional, aberta a todas as áreas de coñecemento. Os eixos prioritarios están relacionados con: o acceso das mulleres e as nenas a unha educación de calidade, aos recursos económicos, á participación política, á igualdade na toma de decisións, á independencia económica; a un salario igual a traballo igual e traballo de igual valor; ás mesmas oportunidades que os homes no emprego, ao liderado e a adopción de decisións a todos os niveis; á dignidade, a integridade e a eliminación de todas as formas de discriminación e violencia contra as mulleres e as nenas.

Editada polo Instituto Universitario de Estudios de la Mujer (IUEM) da UAM, pretende contribuír á difusión dos resultados da investigación sobre muller, feminismo e xénero.

 

 

 

 

Espazo de debate e estudo de travesías e de matices entre o feminismo e as distintas formas de textualidade na cultura.

 

 

 

 

Diríxese á comunidade académica internacional, así como a un público máis amplo interesado nos Estudos das Mulleres, os Estudos Feministas e os Estudos de Xénero.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons