Ir ao contido principal
Sitios web
Base de datos de mujeres investigadoras y tecnólogas
Base de datos creada pola Asociación Española de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas para facer accesible o talento feminino de todas as áreas da ciencia.
Educar en igualdad
Proxecto da Fundación Mujeres que ofrece recursos educativos para a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Mujeres en la memoria
Colección da Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico composta por obras que amosan a figura da muller a través do tempo. Inclúense obras de mulleres, sobre mulleres ou de temas de interese para as mulleres.
Mujeres en red
Espazo virtual de información para a muller comprometida con movementos de solidariedade e feministas. Intenta aglutinar todas as noticias sobre mulleres e poñelas en común.
Observatorioviolencia.org
Páxina da Fundación Mujeres na que recompilan, a través dos medios de comunicación, e fontes oficiais e institucionais relacionadas coa violencia de xénero, noticias, opinións e informes que poidan ser de interese non só para profesionais na materia, senón para a poboación no seu conxunto.
Plataforma Archivo Feminista
Iniciativa impulsada polo Instituto de estudios de Género da Universidad Carlos III de Madrid e o colectivo Amigas de la Biblioteca de Mujeres para solicitar ás autoridades un Centro de Arquivo e de memoria do movemento feminista, para salvagardar o legado patrimonial documental do feminismo.
Tribuna feminista
Medio dixital cuxa perspectiva de análise da política, a economía, a cultura, o social, o mundo do saber e da opinión realízase desde a clave feminista.
UDCientíficas
Directorio de expertas da Universidade da Coruña para visibilizar o traballo das investigadoras a través dun portal web que recolle o perfil das profesoras con datos do seu labor investigador e de contacto. Ten como obxectivos dar a coñecer o talento investigador da UDC, así como fomentar a presenza das mulleres nos medios de comunicación como fontes expertas.
Women's Knowledge Digital Library
Biblioteca dixital de libre acceso que difunde información sobre cuestións relacionadas coa muller e o xénero.
Álbum de mulleres
Proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas.
Blogs
DocuGénero: Recursos Informativos y Documentales sobre Género y Mujeres
Blog que difunde información e noticias de actualidade relacionadas cos estudos de xénero e as actividades impulsadas desde centros, organismos e asociacións, preferentemente a nivel nacional.
Hablemos de feminismo
Blog que pretende abordar diferentes temas, como a violencia de xénero, a educación, a cultura e a psicoloxía, entre outros, desde a perspectiva de xénero. É mantido por Joana Albiñana Durà, psicóloga especializada en xénero e políticas de igualdade.
Mujeres
Blog do xornal El País que conta os cambios que está a achegar a muller a un mundo en transformación, para detectar desigualdades e para albergar debates.
Micromachismos
Blog de elDiario.es para rastrexar e denunciar os machismos cotiás e tantas veces normalizados. Coordinado por Ana Requena.
Mujeres con ciencia
Blog da Cátedra de Cultura Científica da Universidad del País Vasco que ten o obxectivo de mostrar o que fan e fixeron as mulleres que se dedicaron e dedican á ciencia e á tecnoloxía.
Rompendo Regras
Blog do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Este ano académico traballa arredor do tema “Rompendo regras”, con proxectos sobre menstruación sostíbel, ecomenstruación, hixiene menstrual, que nos leven a repensar os nosos corpos.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es