Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: Academia.edu


Academia.edu é unha rede profesional, académica e gratuita que permite poñer en contacto investigadores de todo o mundo. É unha importante fonte de información para coñecer que é o que investigan ou que é o que máis interesa a outros investigadores. 

Entre outras cosas, permite:

  • Crear e manter un perfil científico que mostra áreas de interés, publicacións, datos de contacto, perfís doutras redes profesionais, seguidores,...
  • Importar o curriculum vitae e mostralo no perfil
  • Utilizar o perfil como páxina persoal e colocar o botón Sígueme en Academia.edu no seu sitio web
  • Interactuar con outros investigadores mediante mensaxes dentro da plataforma
  • Recibir recomendacións automáticas de artigos e investigadores, segundo os intereses de investigación 
  • Obter datos estatísticos que permiten medir o impacto da investigación
  • Marcar documentos de interese para lelos máis tarde
  • Subir e compartir documentos en diferentes formatos. Estes documentos e o perfil son idexados en buscadores como Gooble, Yahoo e Bing.

Máis información e xestións:

Videotutorial da UNED 


Pódese entrar a través dunha conta previa en Google ou en Facebook ou darse de alta cubrindo un formulario co nome, e-mail e contrasinal.
Unha vez creada a conta, pódese editar o perfil e fixar, entre outras opcións, a firma e a filiación.

 

 


Pódense engadir traballos publicados ou calquera outro tipo de documento sen publicar, como por exemplo, conxuntos de datos de inviestigación. Hai tres posibilidades:

  • Subir directamente o ficheiro co traballo
  • Engadir manualmente os datos bibliográficos se non hai ficheiro electrónico
  • Engadir en bloque a listaxe de traballos publicados polo autor, a través du ficheiro BibTex, . 

 

 

No apartado Analytics, o investigador pode ver análisis asociados ó seu perfil, elexir un límite temporal de 30 ou  60 días,  e exportar estas analíticas a un ficheiro CSV. En concreto, pode coñecer información relativa a:

  • Número de consultas e descargas dos seus traballos
  • Palabras clave utilizadas nos buscadores para atopar os traballos
  • Links utilizados para acceder ó  perfil
  • Visitantes únicos do perfil 
  • Datos xeográficos sobre os visitantes

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons