Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: Dialnet ID

Que é Dialnet id

 

Dialnet é un dos maiores portais bibliográficos de acceso libre e gratuíto á literatura científica hispana en Internet.
Aínda que é de carácter multidisciplinar, hai un predominio de publicacións de ciencias humanas, xurídicas e sociais, ámbitos insuficientemente indexados noutras bases de datos como Web of Science ou Scopus.

Todos  os autores con publicacións en Dialnet contan cun identificador único  (Dialnet Id) e cunha páxina de autor que recolle toda a súa produción indizada neste portal (artigos de revistas, teses, libros…). Polo momento esta páxina non facilita información sobre citas recibidas en todas as áreas; só se poden visualizar as das áreas de : antropoloxía, comunicación, deporte, comunicación, educación e socioloxía
A páxina de autor pode ofrecer ademais información adicional: a institución á que pertence o autor, ligazóns a outras bases datos nas que está referenciado, a outros perfís de investigador ou  a páxinas web do autor. A través da súa árbore académica tamén permite ver a tese de doutoramento do autor e as teses dirixidas.
A Biblioteca da UDC traballa no proxecto Dialnet desde o ano 2005,  incorporando as novas publicacións e creando e enriquecendo constantemente as páxinas dos autores vinculados á institución.  

Se un autor da UDC quere dar de alta as súas publicacións en Dialnet ou  precisa facer algunha modificación na súa páxina de autor ten que solicitalo na biblioteca do seu centro. 

 

 

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons