Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: Xestión curricular na UDC

Sistema de Xestión Curricular da UDC

O Sistema de Xestión curricular do Persoal Investigador da UDC é de utilidade para centralizar toda a información curricular en materia de I+D+i na Universidade da Coruña e no ámbito da Comunidade Autónoma. É unha ferramenta que facilita o mantemento dos currículos individuais e permitirá coñecer o estado da investigación en cada momento facilitando a elaboración de estatísticas e informes de grupos, institutos e departamentos.

Información sobre o PDI da UDC

A ficha do PDI ofrece información relativa á docencia, investigación e cargos académicos e de xestión dos PDI da UDC, que extrae, procesa e engade de varios sistemas de información coma Xescampus e SUXI.

Conectar cos identificadores de autor desde a ficha do PDI da UDC

O Sistema de Xestión Curricular permite enlazar con identificadores de autor como ORCID, ResearchID e Scopus Author ID.

 

Curriculum Vitae Normalizado (CVN)

Que é o CVN

CVN é un estándar de currículo creado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Serve para que o persoal investigador poida presentar o seu currículo nun formato dixital único e común que lle permita actualizar de forma automática a súa información curricular, sen ter que volver a introducila de novo.

CVN facilita a presentación do currículum vítae dunha forma unificada nas convocatorias de axudas públicas do Plan Estatal e autonómicas.

Máis información en:

Xerar o CVN desde o Sistema de Xestión Curricular

O Sistema de Xestión Curricular ofrece a posibilidade de xerar un currículo do/a investigador/a nos principais formatos existentes. Entre estes formatos destaca a opción de exportación ao formato CVN.

Como a UDC é unha das institucións que ten implantado e certificado o CVN, non é necesario utilizar o editor de CVN da FECYT, sendo recomendable que se utilice o Sistema de Xestión Curricular.

Procedemento de exportación do Currículum Vítae en formato CVN da UDC

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons