Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

A identificación de autoría na UDC: A firma científica


A
 firma científica é aquela que mellor identifica ao investigador e a súa institución.
Determinar un único nome persoal e mencionar á súa institución nas publicacións científicas e nas bases de datos bibliográficas contribúe a correcta identificación do autor e aumenta a súa visibilidade.

Se ao longo da súa vida profesional, o autor emprega sempre a mesma forma para firmar os seus traballos, recuperará fácilmente as citas que reciba e calquera outra información sobre as súas publicacións. Isto favórecelle nos procesos de acreditación, á hora de presentar unha solicitude do sexenio, ou conseguir financiamento para proxectos de investigación.

Fixar nome do autor na firma científica, significa: 

1. Elixir unha forma que o identifique claramente 
2. Empregar unicamente a forma elixida.
3. Unificar as variantes que utilizou previamente


É importante que se utilice sempre a mesma forma e grafía, evitando abreviaturas. A causa das prácticas de indexación anglosaxonas, recoméndase incluir un guión entre aqueles elementos que as bases de datos científicas non deberían separar cando o autor desexe que aparezan (nomes de pila compostos, dous apelidos, apelidos compostos).


Vantaxes
 para o autor:

  1. Ser identificado e o seu nome indexado correctamente nas bases de datos
  2. Garantir a recuperación completa dos resultados da súa investigación
  3. Coñecer facilmente as citas recibidas
  4. Ser máis visible e aumentar o impacto das súas publicacións

 

Vantaxes para a Universidade da Coruña:

  1. Recoller a produción científica da UDC sen dispersións ou perdas
  2. Mellorar a súa posición e prestixio académico
  3. Garantir a adecuada obtención de  indicadores, de gran importancia no financiamento da Universidade

 

Instrución para as autoras e os autores da UDC sobre filiación institucional de publicacións científicas

 

 

Criterios de firma

Solicitar cambio de firma nas principais bases de datos


Instrución para as autoras e os autores da UDC sobre filiación institucional de publicacións científicas

 

O propósito desta instrución é:

  • Que en todas as publicacións realizadas por autores da UDC apareza sempre citada a Universidade, e que esa cita sexa homoxénea para evitar a perda ou dispersión da actividade investigadora.
  • Garantir o uso correcto da filiación institucional á Universidade da Coruña para facilitar o seguimento da producción científica da UDC.
  • Asegurar a adecuada obtención de indicadores que son resultado da investigación, aspecto de gran importancia no financiamento da Universidade.

 

A instrución vai dirixida a:

  • Todo o persoal académico e investigador, fixo ou temporal
  • Os estudantes cuxos resultados de investigacións deriven do seu traballo na UDC, ben por becas de investigación ou por calquera outra forma de utilización de instalacións, recursos e servizos da Universidade.
  • Profesores honorarios.
  • Persoal da UDC vinculado a varias institucións (sector hospitalario ou outra institución/centro de I+D+i) ou con outros acordos de asociación.
  • A UDC debe ser citada cando a institución teña feito unha contribución necesaria,  independentemente do empleo formal do autor ou do financiamento do seu posto.

 

 

Firma dunha publicación ou contribución científica

 

   Datos do autor

 

  • Nome do autor (obrigatorio)
  • ORCID (recomendado)
   Filiación     institucional    

 

  • Universidade da Coruña (obrigatorio)
  • Nome do grupo de investigación, departamento, instituto ou centro (opcional)
  • Dirección, código postal, cidade e país (obrigatorio)

 

 

 


Os seguintes exemplos creáronse para orientar na aplicación da instrución para os autores da UDC.

Exemplos xerais:

Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
Universidade da Coruña, Grupo de Xenética de Organismos Mariños, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, Facultade de Ciencias, Zapateira, 15071 A Coruña, Spain

Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
Universidade da Coruña, Facultad de Derecho, Elviña, 15071 A Coruña, España

Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
Universidade da Coruña, Models and Applications of Distributed Systems (MADS), Faculty of Computer Science, Elviña, 15071 A Coruña, Spain

​Exemplo de autor con varias firmas: (1, 2, 3)

Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
(1) Universidade da Coruña, Grupo de Polímeros, Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT), Esteiro, 15471 Ferrol, Spain
(2) Universidade da Coruña, Departamento de Física, Facultade de Ciencias, Zapateira, 15071 A Coruña, Spain
(3) Imperial College London, Polymer and Composite Engineering (PaCE) group, South Kensington,London SW7 2AZ, UK

Exemplo de autor vinculado a varias institucións: (1,2)

Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
(1) Universidade da Coruña, Grupo Fisiopatoloxía Endocrina, Nutricional e Médica, Departamento de Medicina, Facultade de Ciencias da Saúde, Oza, 15071 A Coruña, Spain
(2) Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), Servizo de Endocrinoloxía, Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña, Spain

Exemplo de persoal da UDC visitante (1,2)

Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
(1) Universidade da Coruña, Department of Industrial Engineering, Higher Polytechnic University College, Esteiro, 15471 Ferrol, Spain
(2) University of Tsinghua, School of Materials Science and Engineering, Beijing 100084, China

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons