Ir ao contido principal

Incites

Incites

Incites é unha ferramenta de Clarivate de análise bibliométrico. Emprega a produción científica das institucións incluída na Web of Science dende 1980 ata o momento actual. Analiza a produtividade dunha institución e compara o rendemento do seu persoal investigador co doutras institucións.

Inclúe todas as edicións da "Web of Science Core Collection" e se actualiza unha vez ao mes.

A súa interface está en inglés e en chino. Pódese seleccionar calquera delas.

Incites permite

  • Comparar os aspectos cuantitativos e cualitativos do rendemento con outras institucións.
  • Determinar a influencia  e as tendencias emerxentes da investigación e das persoas investigadoras.
  • Amosar as fortalezas e identificar as áreas potenciais de crecemento.
  • Establecer obxectivos que se poidan medir.
  • Observar a actividade da investigación colaborativa e establecer novas oportunidades de colaboración.
  • Planear estratexias de investigación con métricas válidas a través do tempo.

Incites. Quick Tour

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons