As opcións da miña conta son:
- Favoritos: aparecen os libros que gardamos como favoritos, podendo crear distintas clasificacións para a súa xestión. No botón "Borrar" podemos eliminalos.
- Copias prestadas que temos na nosa conta.
- Reservas dos títulos que temos nese momento. Cando un título reservado volva a estar dispoñible, chegaranos aquí o aviso.
- Perfil cos nosos datos.
- Préstamos anteriores aos actuais.
- Buscas gardadas: podemos gardar buscas que se recuperan aquí, cada unha coa data de creación, cos seus resultados e a posibilidade de eliminala. Neste apartado, aparecen tamén as buscas recentes, cos seus resultados e coa opción de ser gardada.