Skip to Main Content

leBUC: préstamo de libros electrónicos: Consulta e préstamo de libros

Como buscar

Os libros electrónicos dispoñibles para préstamo poden consultarse en leBUC. Os libros tamén están dispoñibles no catálogo, mais para o seu préstamo é necesario acceder a esta plataforma.

Para realizar buscas non é necesario estar identificado na plataforma, aínda que será necesario facelo se posteriormente se quere utilizar o servizo de préstamo. Temos a posibilidade de acceder a varios tipos de busca:

Como consultar

Premendo en pódese conectar toda a comunidade universitaria identificándose co usuario e contrasinal que se usa en todos os servizos da Universidade da Coruña.

Tras iniciar sesión, lanzamos unha consulta. Dentro dos resultados obtidos, podemos ler os libros que están dispoñibles, que se recoñecen porque están sinalados coa etiqueta undefined.

Picamos no libro e eliximos undefined  ou undefined.

Se prememos en previsualizar, ábrese no navegador páxinas que mostran parte do libro.

Tras iniciar sesión, dentro do noso perfil imos a "copias prestadas". Para renovar un libro, so teremos que picar no botón undefined. Poderemos renovar cinco días despois de facer o préstamo.

Para devolver o libro, tempos dúas opcións:

1- Dentro do rexistro do libro, picamos en undefined

2- Se descargamos o libro en Adobe Digital Editions para lelo sen conexión, a icona de devolver desaparece da visualización en liña no navegador. A devolución ten que facerse dende a biblioteca de Adobe Digital Editions: facemos clic no libro que queramos devolver co botón dereito do rato. Escollemos a opción "devolver elemento prestado":

undefined

Despois de que o usuario se presta un libro, para ler o libro en liña, prémese no botón undefined daquel título que se dexese ler.  Automaticamente cargarase o libro seleccionado no navegador. Será posible entón avanzar polas súas páxinas, destacar fragmentos, facer riscos ou anotacións.

opcións para subliñar, facer anotacións, etc.

  • Antes de ler sen conexión, necesítase Internet para descargar o libro. Despois de descargarse, xa non é necesaria a rede.
  • É necesario crear unha conta en Adobe para poder ler os libros co DRM. O DRM é o sistema empregado polos editores para protexer as obras de copias non autorizadas.
  • A primeira vez que se desexe ler un libro sen conexión hai que seguir estes pasos:

1. Crear unha conta en Adobe en https://accounts.adobe.com/



2. Escoller un programa de lectura que funcione co DRM de Adobe. Para ordenadores recoméndase Adobe Digital Editions
3. Descargar Adobe Digital Editions

 


 

4. Configurar o Adobe Digital Editions coa conta de Adobe creada. Para isto, autorízase o equipo no menú "Axuda":

Pídese o enderezo de correo electrónico (ID de Adobe) e contrasinal da conta creada en Adobe:


5. Unha vez realizado o préstamo do libro en leBUC para a lectura sen conexión a Internet, descárgase un arquivo coa extensión acsm que hai que abrir con Adobe Digital Editions.

 

O libro inclúese na biblioteca de Adobe Digital Editions e xa pode lerse.


Adobe Digital Editions pode ser utilizado para a lectura de calquera libro electrónico protexido co DRM de Adobe, prestados dende leBUC ou dende calquera outro servizo de préstamo dixital. Tamén se pode empregar para ler libros electrónicos sen DRM.

6. Unha vez descargado o libro na Biblioteca de Adobe, a icona de devolver desaparece da visualización en liña no navegador. A devolución ten que facerse dende a biblioteca de Adobe: selecciónase o libro para devolver antes da data de vencemento. Ao premer co botón esquerdo do rato, aparecerá un menú coa opción de devolver o libro.

Os ordenadores da biblioteca non teñen Adobe Digital Editions. A descarga será sempre en dispositivos propiedade da persoa usuaria.

leBUC permite ler en móbiles e tabletas. A lectura en liña é como no ordenador persoal. Para ler fóra de liña hai aplicacións recomendadads onde se dá de alta a conta de Adobe. Nos móbiles recoméndanse os lectores Aldiko (Android) e Bluefire Reader, esta última de pago (Android e iOS). Para iPad recoméndase Adobe Digital Editions.


​ 1. Estas son as ligazóns para descargar os programas no Google Play (Android) ou na App Store (iOS).

EXEMPLO

Aldiko. Tras descargala da tenda de aplicacións,

 

       

é necesario conectala coa conta creada en AdobeID.

    2.1.  Aldiko: Vai a Menú, Acerca de, Axustes, Adobe DRM, Adobe ID

      

Engádese a conta de correo e o contrasinal que se rexistrou en Adobe Digital Editions. Tras comprobar os datos, o programa informa de que se vincularon as contas. Desde este momento, pódese descargar e ler os libros no  dispositivo móbil.

Igual que nos outros casos, é necesario ter conta en Adobe. Conéctase o lector de libros electrónicos (e-reader) co ordenador. Despois de abrir o Adobe Digital Editions, este programa recoñece o e-reader e garda nel os libros para ler sen conexión.


 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons