Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

leBUC: préstamo de libros electrónicos: Condicións para o préstamo

Condicións do préstamo

Todos os títulos da plataforma que aparezan como "Dispoñibles" poden ser prestados, pero non se poden prestar aqueles libros que figuren como prestados en tanto non se devolvan ou non finalice o período de préstamo.

As condicións do préstamo son as seguintes:

  • Pódense prestar até 3 libros durante 10 días.
  • Pódense renovar unha vez.
  • Se queremos exemplares que están prestados, podemos facer unha reserva.

Se o libro ten unha reserva, cando volva estar dispoñible, recibirase un aviso en "A súa conta"-"Reservas". Haberá un maximo de 3 días para efectuar o préstamo.

  • Non hai penalizacións. Se o título non se devolve antes, tras o periodo de préstamo desaparece automáticamente da conta persoal.

IMPORTANTE: O número de préstamos de libros electrónicos non se acumula cos que se teñan prestados en papel.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons