Skip to Main Content

O catálogo da BUDC: Exportar o meu historial de lectura


Unha vez autenticado no "Meu rexistro", para exportar o historial de lectura premer en “Exportar o meu historial de lectura

 

 

Non é necesario exportar todos os rexistros do historial, poden marcarse os que se queren exportar.

Na parte esquerda selecciónase o formato de exportación da lista:
 

 

  • Presentación completa: expórtase o rexistro bibliográfico completo do documento.
  • Presentación breve: expórtase o rexistro en formato abreviado: autor/a, título e datos de publicación.
  • Pro-Cite: expórtase a lista de rexistros nun formato adaptado ao xestor de referencias Pro-Cite.
  • End-Note/Refworks: expórtase a lista de rexistros nun formato adaptado aos xestores de referencias End-Note e Refworks.
  • MARC: expórtase a lista de rexistros en formato MARC, linguaxe que se emprega para a catalogación dos documentos.

Na parte dereita selecciónase o destino do arquivo de exportación:

  • Correo electrónico: envíase a lista seleccionada por correo electrónico ao enderezo que se insire no recadro.
  • Pantalla: amósanse os rexistros na pantalla do ordenador ou dispositivo electrónico.
  • Disco local: garda o arquivo que contén os rexistros no disco local, en formato .txt. É preferible elixir esta opción para facer a exportación posterior aos xestores de referencias.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons