A páxina do catálogo tamén dá acceso ao rexistro de usuario/a da biblioteca dos membros da comunidade universitaria. A ligazón "Renovar libros" é outro xeito de acceder a este rexistro.
Para entrar no rexistro de usuario/a o sistema pide o nome, o código de barras da TIU (tarxeta universitaria) e o PIN da biblioteca. Se non se lembra o PIN, hai que entrar na páxina de Servizos da UDC e, na parte superior esquerda da pantalla, premer en "Recuperar o PIN da tarxeta"; introdúcese de novo o contrasinal da conta de Servizos e prémese en "Recuperar PIN" para ver o número. As persoas usuarias externas deberán preguntar na biblioteca se non lembran o seu PIN.
O rexistro de usuario/a contén a información persoal deste/a e datos en relación coa súa conta:
Indica o número de documentos reservados polo/a usuario/a. Desde esta opción tamén se poden cancelar as reservas.
Garda unha ecuación de busca determinada, para poder repetila sempre que se desexe. Cando se preme nesta opción, ábrese un cadro de busca (funciona como a busca simple do catálogo) onde se introduce a ecuación de busca. Na lista de resultados, hai que premer na opción "Gardar como busca preferida", coa posibilidade de limitar a busca aos exemplares dispoñibles ou que non estean xa no historial de lectura do/a usuario/a.
Esta opción é interesante cando se desexa estar ao tanto das novidades sobre un tema ou autor concreto. Para volver á pantalla do rexistro desde esta páxina, prémese na opción "O meu rexistro" que está na parte superior da pantalla.
Cando xa existen buscas gardadas, aparece unha lista coas ecuacións de busca feitas. Estas buscas poden eliminarse ou seleccionar para que se reciban no correo electrónico as notificacións sobre novos documentos no catálogo que coincidan con elas.
Cando se accede por primeira vez a esta opción, aparece unha mensaxe de activación. Despois desta activación, iranse gardando as referencias de todos os documentos que o/a usuario/a vaia collendo en préstamo. Non se almacenarán os documentos que se prestaron antes da activación.
Nesta pantalla pódense borrar os documentos que se levaron en préstamo do historial, ben seleccionando títulos soltos e premendo en "Borrar marcado" ou ben borrando todo mediante a opción "Borrar todo".
Tamén se pode facer a exportación do historial de lectura, que se fará do mesmo xeito e coas mesmas opcións que se amosan no apartado "Gardar e exportar resultados", dentro da pestana "Páxina de resultados" desta guía.
Por último, dáse a opción de desactivar o historial de préstamo. Para facelo, hai que borrar previamente todos os documentos xa gardados.
Se non hai listas creadas, aparece unha caixa de busca para atopar documentos no catálogo, coas opcións da busca simple.
Dentro da páxina de resultdos, selecciónanse os documentos que se queren gardar, elíxese a lista onde se van gardar os rexistros (ou créase unha nova) e prémese en "Engadir os marcados ás Miñas Listas".
Cando se crea unha nova lista, aparece unha pantalla para poñerlle un nome e, se se quere, unha descrición. Pola contra, se xa había unha lista creada, só é necesario escoller o seu nome do despregable anterior.
As listas poden borrarse desde a opción "As miñas listas". Se se preme no nome de cada lista accédese á lista de documentos incluídos nelas. Aquí poden realizarse as seguintes accións:
Na parte central da pantalla do rexistro de usuario/a atópase a lista dos documentos prestados nese momento. Para renovar o préstamo hai que seleccionar os documentos que se queren renovar e premer en "Renovar marcado"; tamén é posible renovar todos a un tempo premendo en "Renovar todo". Desde o rexistro de usuario non se poderán renovar os préstamos co prazo de préstamo vencido.
Se non é posible renovar os préstamos, o sistema faino saber con distintas mensaxes. Por exemplo:
Por último, non hai que esquecer desconectarse da pantalla do rexistro para saír.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es