Skip to Main Content

O catálogo da BUDC: Outras buscas

Consultas específicas no catálogo

Desde a páxina inicial do catálogo tamén é posible consultar información adicional:   

  • Novidades no catálogo: amosa a relación de documentos incorporados ás coleccións das diferentes bibliotecas no último mes.
  • Bibliografía recomendada: permite consultar a bibliografía recomendada para cada materia dos graos e mestrados que se imparten na universidade. A busca pode realizarse polo nome da materia de aula (o nome da materia ponse sempre en galego) ou polo nome do/a profesor/a que imparta a materia. Na páxina de Axuda da biblioteca pode consultarse tanto unha infografía como uns vídeos sobre como consultar a bibliografía recomendada e a bibliografía recomendada en formato electrónico..
  • Guía de usuario: guía en formato PDF que ofrece unha explicación sucinta sobre os aspectos máis relevantes do catálogo e o seu uso.
  • Titoriais: acceso a tres vídeos breves que explican "Como renovar os préstamos por Internet", "Como reservar un libro por Internet" e "Como consultar o historial de préstamos".


As opcións "Renovar libros" e " O meu rexistro" veranse máis polo miúdo no apartado "O meu rexistro" desta guía.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons