Cando se fai unha busca calquera preséntase unha lista de resultados que se axusta á ecuación de busca realizada.
Ao premer en cada un dos elementos da lista, accédese a información sobre a situación e a dispoñibilidade do/s exemplar/es existentes. En determinados casos, xa aparece esta pantalla en primeiro lugar.
E cando se preme en cada título concreto, amósase o rexistro bibliográfico de cada exemplar, con información máis detallada sobre este.
A información básica que se pode atopar nunha pantalla de resultados é a seguinte:
RECADRO AMARELO:
RECADRO VERDE: desde esta sección, pódese:
RECADRO LARANXA: amosa o número de orde dos resultados, un cadriño de selección e, en moitos casos, a imaxe da cuberta do documento.
RECADRO AZUL: pantalla principal de información cos seguintes datos:
Na pantalla de resultados tamén aparece a opción de gardar os rexistros seleccionados.
Na parte esquerda de cada título, selecciónase o recadro do documento que se desexe gardar. Cando a selección estea feita, prémese na opción "Gardar os rexistros marcados". É neceserio gardar os rexistros páxina a páxina, non se garda a selección de varias páxinas a un tempo. Por outra banda, é posible gardar todos os rexistros dunha páxina premendo en "Gardar todos os da páxina".
Cando hai rexistros gardados, aparecen dúas opcións novas no menu superior da páxina:
Ver os rexistros gardados: nesta pantalla aparece a listaxe de todos os rexistros gardados, cunha serie de opcións de exportación.
O menú superior da pantalla permite: volver ao inicio do catálogo, ver unha presentación extendida dos rexistros gardados (ubicación e signatura do exemplar), volver á pantalla de resultados ou baleirar a lista de rexistros gardados. Neste sentido, pódense borrar todos os rexistros da lista ou só unha selección, premendo en "Borrar seleccionado".
Na parte inferior ofrécense as opcións de exportación dos rexistros. Hai que ter en conta que non é necesario exportar todos os rexistros gardados, poden marcarse os que se quere exportar. Na parte esquerda selecciónase o formato de exportación da lista:
Na parte dereita selecciónase o destino do arquivo de exportación:
ENGADIR OS MARCADOS ÁS MIÑAS LISTAS.
Outra posibilidade de gardar os rexistros seleccionados é envialos a unha lista creada na conta de usuario/a. Tras premer na opción, o sistema pediralle ao/á usuario/a que se autentique na súa conta da biblioteca.
Unha vez feito, poderase gardar a lista de rexistros nunha lista xa existente ou crear unha nova. Verase como crear estas listas no apartado do Rexistro de usuario/a.
Existe a posibilidade de reservar exemplares desde a pantalla de resultados do catálogo, aínda que só para aqueles que estean prestados. Cando un exemplar pode ser reservado, aparece unha indicación ao lado esquerdo do título.
Para reservar un documento hai que premer en "Reservar". Aparece a pantalla de autenticación no rexistro de usuario/a da biblioteca, indicando o documento que se está reservando.
Escóllese o exemplar que se quere reservar, tendo sempre en conta que os exemplares dispoñibles non se poden reservar desde o catálogo, e prémese en "Solicitar e exemplar seleccionado".
Finalmente, elíxese a biblioteca onde se quere recoller o exemplar reservado e prémese en "Enviar" para procesar a solicitude.
Cando se preme no título dun exemplar concreto, aparece a pantalla de información do seu rexistro bibliográfico.
Nesta pantalla ofrécese a información bibliográfica completa sobre o exemplar; autor/a, título, datos de publicación, resumo, materias, número normalizado, imaxe da cuberta, datos de localización, etc. Ademais, a páxina ofrece as seguintes opcións:
Cando un exemplar pode ser consultado en liña, ben os seus resumos ou o texto completo, aparece unha indicación no rexistro bibliográfico:
Na parte dereita do rexistro de exemplar aparece a sección "Recursos", coas seguintes opcións:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es