Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): Formación na UDC

Curso "A Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do ODS Nº12”

O Campus da Sustentabilidade da UDC, en colaboración con ASYPS (Asociación para a Sustentabilidade e o Progreso das Sociedades), Ecoembes e a Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable, organiza dende hai tres anos o curso "A Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº12".

O obxectivo do curso é que os participantes poidan obter un amplo e rigoroso coñecemento do significado do novo marco da nomenclatura da Economía Circular para abordar os retos do Desenvolvemento Sustentable Global, para complementar as súas capacidades curriculares, así como reforzar os programas actuais de estudo sobre estas importantes cuestións que afectan e condicionan a evolución da economía mundial.

Está destinado tanto ao alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da UDC, como aos profesionais interesados na materia que queiran profundar no concepto da Economía Circular.

Programa da última edición, realizada en novembro de 2020.

Formación da OCV

Para levar a cabo os proxectos de voluntariado da OCV, é unha ferramenta fundamental a formación integral do voluntariado no tocante a temáticas vencelladas á educación para o desenvolvemento, a inmigración e a diversidade cultural, a exclusión social etc. Para iso, dende a OCV realízase:

  • Formación básica: cursos de introdución ao voluntariado, onde se tratan aspectos como o concepto de voluntariado, as súas motivacións e actitudes, a lexislación, a ética e a confidencialidade, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, os ODS, etc.
  • Formación específica. cursos monográficos sobre as diferentes áreas de voluntariado en que colaboran. Algúns deles son: habilidades sociais, menores en risco de exclusión social, animación hospitalaria, diversidade funcional, inmigración e cooperación...
  • Seguimento personalizado baseado no acompañamento formativo do voluntario ou voluntaria, por parte das persoas con máis experiencia.

 A formación impártese habitualmente nos meses de outubro a abril, posto que o obxectivo é formar ao voluntariado que participa nos proxectos que se levan a cabo durante o curso académico.

Os cursos e xornadas da OCV pódense consultar nesta ligazón.

Programa Explorer Jóvenes con Soluciones

A UDC participa no programa Explorer Jóvenes con Soluciones, unha iniciativa de emprendemento que promove o Banco Santander. O programa  está dirixido a mozos de entre 18 e 31 anos (a maioría deles alumnado e ex alumnado da UDC) que, ao longo de 12 semanas de formación en liña, traballan nun proxecto da súa elección para atopar unha solución sólida, viable e sostible enfocada a resolver problemas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Cursos MOOC da UDC na plataforma Miríadax

Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio. Formación da OMA

"Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio" é unha iniciativa da OMA para a formación e participación da comunidade universitaria en materia de sustentabilidade ambiental e social. Combina actividades individuais e en grupo, e fai uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de estudo e experimentación.

Últimos cursos

 

 

Información do curso

Cartel do curso

 

 

Histórico de formación

Cátedras

As cátedras institucionais, financiadas cunha dotación económica periódica achegada en concepto de patrocinio polas empresas, permiten desenvolver actividades non lucrativas específicas de formación, de divulgación, de transferencia de coñecemento e de investigación nos ámbitos de interese común para a empresa e a universidade. Algunhas relacionadas cos ámbitos dos ODS son:

Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business

Cátedra Emalcsa

Cátedra Epifanio Campo

Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable

Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade

Cátedra SXD Galicia Activa

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons