Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): Oficina de Medio Ambiente (OMA)

Oficina de Medio Ambiente (OMA)

A OMA participa na coordinación e realización de diferentes actuacións de tipo ambiental na UDC. Os seus obxectivos encádranse en dous eidos prioritarios: a xestión ambiental e a sensibilización e participación da comunidade universitaria nas cuestións relacionadas co medio ambiente.

Destaca a incorporación de varios centros da UDC ao programa internacional Green Campus, que permite instaurar procedementos de xestión ecolóxica. Grazas a este compromiso, a UDC sitúase na posición número 5 a nivel de España e na 65 a nivel internacional segundo o ranking GreenMetric, cuxo obxectivo é proporcionar unha clasificación atendendo ás políticas relacionadas co medio ambiente (loita contra o cambio climático mundial, conservación da enerxía e a auga, reciclaxe de residuos…) nas universidades de todo o mundo.

Algunhas actuacións da OMA:

  • Dentro do compromiso por avanzar cara a un desenvolvemento sostible e respetuoso co medio ambiente, realiza a medición da pegada ecolóxica na UDC.
  • Xestión das hortas urbanas da UDC, que buscan avanzar na xestión ambiental sustentable do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.
  • Adhesión da UDC á Declaración do estado de emerxencia climática e ecolóxica.
  • Proxecto de Custodia do Monte da Fraga, espazo forestal restaurado pola UDC, eliminando a maior parte dos eucaliptos e reforestándoo con especies autóctonas representativas do bosque galego. A UDC está a aplicar criterios de xestión ecolóxica e sustentable deste espazo, que condicionan tanto as prácticas de xardinería e usos do espazo, como a realización de actividades formativas e de divulgación ambiental.
  • Campañas de sensibilización sobre a separación e xestión dos residuos na UDC

  • Programa de préstamo de bicicletas na UDC, co obxectivo de promover o emprego da bicicleta como vehículo para a mobilidade sustentable, facilitando o acceso a unha bicicleta a aquelas persoas interesadas en facer uso da mesma para desprazarse aos centros universitarios.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons