Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): Premios de traballos académicos

Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado

Coa convocatoria do Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado, a Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade, a través da Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC), quere contribuír ao recoñecemento dos traballos que contribúen a un mellor coñecemento e á adopción de medidas e prácticas de sustentabilidade.

Premio UDC a TFG e TFM en cooperación para o desenvolvemento

O Premio UDC aos TFG e TFM en cooperación para o desenvolvemento, convocado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, dependente da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, ten por obxecto o recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado realizados polo alumnado da UDC que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa cooperación e a educación para o desenvolvemento, así como coa Axenda 2030 e os ODS.

  • I Premio UDC aos traballos de fin de grao e mestrado en cooperación para o desenvolvemento 2020: convocatoria / resolución

Outros premios

A Fundación Carolina , a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e a Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (Crue Universidades) , convocan os Premios Universidad, conocimiento y Agenda 2030 para TFG e TFM.

O obxectivo destes galardóns é distinguir aos/as estudantes que realizasen os seus TFG ou TFM en calquera área de coñecemento e, necesariamente, baixo unha ou varias das temáticas cubertas polos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS) da Axenda 2030. A concesión dos premios serán, un outorgado á categoría TFG, e outro á categoría TFM.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons