Ir ao contido principal

Propiedade intelectual e dereitos de autor

Que é a propidade intelectual

A propiedade intelectual é o conxunto de dereitos ligados as creacións que son fruto da intelixencia humana. Abarca os Dereitos de autor e a Propiedade industrial (patentes, marcas, deseños…).

A irrupción das TIC na ensinanza universitaria supuxo o acceso a unha inxente cantidade de contidos dixitaes e a posibilidade de reutilizalos e difundilos. A lexilación vixente intenta alcazar un difícil equilibrio entre as facilidades que ofrecen as TIC á sociedade da información e os dereitos dos titulares da propiedade intelectual a obter unha remuneración.

Esta guía pretende ofrecer ao profesorado e ao alumnado unhas sinxelas orientacións sobre os usos permitidos pola lexislación vicente, así como sobre as prácticas que puideran resultar ilícitas.

Preguntas máis frecuentes sobre propiedade intelectual

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons