Ir ao contido principal

Propiedade intelectual e dereitos de autor

Que son os límites ou excepcións segundo a nosa lexislación

Coa finalidade de manter un equilibrio apropiado entre os intereses dos titulares dos dereitos e os usuarios de contidos protexidos, as leis engaden certas limitacións respecto dos dereitos patrimoniais, é dicir, nalgúns casos as obras protexidas poden ser utilizadas sen autorización do titular dos dereitos, a cambio do pago dunha remuneración ou non. (OMPI: Organización Mundial de la Propiedad Intelectual).

A nosa lexislación recolle estas limitacións nos arts. 31 a 40. Nesta guía ímonos centrar nas excepcións a favor da docencia e a investigación e o acceso á cultura.

Tipos de límites ou excepcións

A inclusión en unha obra propia de fragmentos de obras alleas non necesita a autorización do autor da obra citada, sempre que se cumplan todas estas condicións (art. 32. 1 da TRLPI:):

  • Que o fragmento que se inclúa corresponda a unha obra xa divulgada,
  • Que súa inclusión se realice a título de cita ou para análise, comentario ou xuicio crítico,
  • Que se realice con fins docentes ou de investigación,
  • Que se indique a fonte e o nome do autor da obra utilizada.

Segundo o art. 32.3 da TRLPI:

3. O profesorado d educación reglada impartida nos centros integrados no sistema educativo español e o persoal de Universidades e Organismos Públicos de investigación, en súas funcións de investigación científica non necesitan autorización do autor ou editor para a reprodución, distribución e comunicación pública de pequenos fragmentos de obras e de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo, cando non haxa finalidade comercial e se cumplan simultáneamente as seguintes condicións:

a) Que se utilicen únicamente para a ilustración de suas actividades educativas, tanto en la ensinanza presencial como  a distancia, ou con fins de investigación científica.

b) Que se trate de obras xa divulgadas.

c) Que as obras non sexan libro de texto, manual universitario ou publicación asimilada. Nestes estes casos pódese incluir unha localización desde a que os alumnos poidan acceder legalmente.

d) Que se inclúan o nome do autor e a fonte, salvo nos casos en que resulte imposible.

 

Reprodución sen autorización para uso privado cando concurran simultáneamente as seguintes circunstancias (art. 31 da TRLPI):

  • Que sexa feita por unha persoa física exclusivamente para o seu uso privado, non profesional, nin empresarial, e sen fins comerciais.
  • Que a reprodución se realice a partir de obras procedentes dunha fonte lícita.
  • Que a copia obtida non sexa objecto dunha utilización colectiva  lucrativa ou de distribución mediante precio.

A obra orfa é aquela da que non se coñecen os titulares dos deritos ou, se se coñecen, non están localizados a pesar de buscalos dilixentemente. 

Os centros educativos, museos, bibliotecas e hemerotecas accesibles ao público, así como os organismos públicos de radiodifusión, arquivos, fonotecas e filmotecas podrán reproducir, a efectos de dixitalización, indexación, catalogación, conservación ou restauración e poñer a disposición do público, determinadas obras orfas, sempre que se faga sin ánimo de lucro e coa finalidade de conservación e restauración das obras que figuren na súa colección e a súa difusión teña fíns culturais e educativos.

Requisitos para a utilización das obras orfas:

  • Que foran publicadas ou radiodifundidas por primeira vez nalgún estado membro da Unión Europea.
  • Que se fixera unha busca dilixente, en dito estado, dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual.

Traballos e artigos de actualidade difundidos polos medios de comunicación social podrán ser reproducidos, distribuidos e comunicados públicamente por outros da mesma clase sin autorización de seus autores, sempre que se cite a fonte e e autor, no caso de que o traballo estea asinado polo autor. Non se podrá realizar reprodccións se no artigo consta a reserva de dereitos.

Utilización de bases de datos: o usuario lexítimo dunha base de datos divulgada ou duhna copia de esta,  pode realizar, sen a autorización do autor, todos os actos necesarios para o acceso ao contido, cando se faga para:

  • reproducción con fins privados dunha base de datos non electrónica.
  • Cando a utilización se realice con fins de ilustración do ensino ou de investigación científica e sempre que no haxa objectivo comercial e se indique a fonte.
  • Cuando se trate dun uso para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.

Obras situadas permanentemente en calquiere vía pública, non é necesaria a autorización para reproducir, distribuir e comunicar libremente por medio de pinturas, debuxos, fotografías e procedementos audiovisuais.

Os museos, bibliotecas, fonotecas, hemerotecas ou arquivos, de titularidade pública ou integrados en institucións de carácter cultural ou científico poden reproducir, prestar e permitir a consulta de obras mediante terminais especializados, sempre que non haia unha finalidade lucrativa e que a reproducción se faga exclusivamente para fins de investigación ou conservación. A cambio estes centros terán que pagar unha remuneración aos autores (establecida na lei). Están exentos desta obriga as bibliotecas das institucións docentes integradas no sistema educativo español.

 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons