Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía para publicar: Descontos para publicar da UDC

Descontos nos pagos por publicar en acceso aberto

O Servizo de Biblioteca Universitaria da UDC ten acordos con algúns editores para obter descontos nas tarifas de publicación de artigos en aberto.

Revistas de MDPI (Multidisciplinary Digital Publishing Institue)

Os autores que aparezan asociados á Universidade da Coruña cando publiquen nas revistas de MDPI, terán un desconto do 10% nas tarifas de publicacións polos artigos aceptados.

Este desconto por membresía aparecerá preseleccionado de forma automática se os autores realizan o proceso desde dentro dos rangos IPs da UDC. Desde fóra da rede universitaria terían que seleccionar a Institución no último paso do envío do artigo.

SCOAP3. Sponsoring Consortium for Open Access Publishing  

É un proxecto no que participan máis de mil bibliotecas internacionais, consorcios e centros de investigación. Os artigos de revistas do campo da Física son publicados en acceso aberto a perpetuidad en oito revistas claves na materia. Todos os artigos publícanse baixo licencias CC-BY sen custo directo para os autores.

Royal Society of Chemistry (RSC)

A RSC proporciona a todos os autores a opción de publicar os seus artigos Gold Open Access a través do pago dun APC na aceptación de calquera das súas revistas. Os seus APCs están entre os máis baixos dos editores e tamén ofrecen unha gama de opcións de exención e descontos. Todos os artigos que se publican con Gold Open Access están suxeitos a unha rigorosa revisión por pares, edición profesional e servizos de produción, e serán accesibles para todos no seu sitio web.
A RSC aplica un desconto do 15% do total da APC, este faise efectivo automaticamente por parte da RSC por recoñecemento da dirección de correo electrónico institucional (https://www.rsc.org/journals-books-databases/open-access/gold-open-access/)

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons