Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía para publicar: Libros

Libros e capítulos de libros

Na área de Ciencias Sociais e Humanidades os libros e os capítulos de libros son un medio habitual de difusión dos resultados dunha investigación, polo que as axencias de avaliación e acreditación teñen en conta este tipo de publicacións.

É aconsellable avaliar o prestixio da editorial antes de enviar un orixinal, tendo en conta:

  • A reputación académica e internacional,
  • A liña editorial. Nos catálogos dos editores pódense consultar as súas áreas de interese, as súas prioridades e que están a publicar na actualidade.
  • Que siga un proceso de revisión por pares 
  • Ver se a editorial ten relevancia na nosa área e cal é o seu posto en fontes como  Scholarly Publishers Indicators.
  • Comprobar  se  a  editorial  está  recollida  en  índices  de  calidade internacional, como o  Book Citation Index.
  • Algunhas series de libros están no JCR e teñen factor de impacto.

É importante rexistrar os dereitos de autor e obter un número de ISBN. O ISBN non é obrigatorio en España na actualidade nin para obter o Depósito Legal nin para publicar un libro, sen embargo, a ANECA inclúeno como indicio de calidade dunha publicación.

Comunicacións e ponencias

Existe unha ampla diversidade de congresos, conferencias ou simposios especializados en todas as disciplinas do coñecemento coa finalidade de adiantar resultados científicos, discutilos e sometelos a unha audiencia experta.Un traballo de investigación pódese presentar nun congreso e publicarse nas actas do mesmo.

  • Comunicacións. Son propostas dos participantes nun congreso e se son aceptadas polo comité científico e preséntanse ó redor de 30 minutos.
  • Ponencias. Adoitan propoñelas os organizadores e teñen unha extensión maior (acostuman presentarse durante 45-60 minutos)

Inclúen unha introdución curta, un corpo central e unha conclusión. 

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons