Publicar os resultados da investigación é unha parte necesaria do proceso científico. Esta guía diríxese principalmente aos investigadores que inician a súa carreira, e explica como publicar, con consellos para seleccionar as revistas máis apropiadas, e tratar de maneira efectiva o proceso de publicación.
A publicación dos resultados da investigación é o nexo principal que une aos científicos en todas as disciplinas e é crucial para o progreso da ciencia no seu conxunto. Pode ter as mellores ideas, pero se non pode comunicalas coa suficiente claridade para ser publicadas, o seu traballo non será recoñecido pola comunidade.
Ao publicar está a lograr tres obxectivos clave, tanto para vostede como para o esforzo científico na súa disciplina:
Así mesmo, aumenta o prestixio da súa universidade e mellora a súa posición nos rankings.
Quella scienza è piú utile della quale il frutto è piú comunicabile, e cosí per contrario è meno utile quella ch'è meno comunicabile.. Leonardo da Vinci
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es