Ir ao contido principal

Guía para publicar

Coñecer a fondo as claves da investigación

É importante comprender a fondo as claves da súa propia investigación e as conclusións que quere comunicar. Considere as súas conclusións e pregúntese:

  • É novo e interesante?
  • Está a contribuír a un tema candente?
  • Brinda solucións a problemas difíciles?

Investigación innovadora

  • Publicar resultados novos ou significativos. As revistas máis prestixiosas requiren investigación innovadora.
  • Resaltar claramente as cuestións novidosas da investigación para xustificar a súa publicación
  • Se os resultados non son innovadores, elixir unha revista de menor impacto para evitar o rexeitamento directo

Evitar a duplicación e o plaxio

  • Recoñecer sempre as fontes a través de citas e referencias apropiadas que deberán axustarse ao estilo adoptado pola publicación
  • ​Evitar parafrasear contido dunha fonte
  • Non intente reeditar artigos ou partes deles

Seleccionar unha revista ou editorial

  • Asegurarse de que o manuscrito está dentro dos obxectivos e alcance da revista/editorial e da súa audiencia. Se aposta por unha revista de alto impacto, pero que non len os investigadores da súa comunidade científica, posiblemente non vai ser moi citado.
  • ​Buscar o consello do seu supervisor e investigadores veteranos
  • ​Enviar o manuscrito únicamente a unha revista ao mesmo tempo

Seguir as normas para autores das editoriais

Pode ser útil preparar unha lista de verificación e comprobar todos os puntos antes do envío do manuscrito

Cuestións técnicas

  • Utilizar unha linguaxe clara e directa. Os editores non corrixen a linguaxe, é responsabilidade do autor.
  • Evitar discrepancias entre o resumo e o manuscrito e asegurarse de que os resultados e conclusións respondan as preguntas do estudo
  • Pedir a todos os coautores que revisen o manuscrito para corrixir inexactitudes

Cuestións éticas

Pódense distinguir dous  grupos: 

  • Ética da investigación inclúe aspectos como cumprir os procedementos e normas éticas con seres humanos e animais, respectar as leis, os dereitos de autor, a protección de datos e a seguridade pública.
     
  • Ética da publicación refírese a prácticas en torno ao proceso de publicación, tales como acordar a orde dos autores antes de escribir o manuscrito, honestidade  científica (copiar, distorsionar, manipular, omitir ou inventar datos ou resultados pertinentes para as conclusións, constitúen faltas graves de ética e considéranse fraudes científicos)​ e mencionar os posibles conflitos de interese financeiro, persoal, político ou académico

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons