Ir ao contido principal

Guía para publicar

manuscrito

Motivos principais polos cales os editores e revisores aceptan un manuscrito:

  • Fai unha contribución substancial ao coñecemento
  • Non é especulativo, ten calidade e rigor científico
  • Axústase á publicación (en canto temática, liña e enfoque)
  • A base teórica é a metodoloxía son sólidas
  • A análise dos datos é rica
  • Existe congruencia e fluidez ao longo dos apartados
  • As conclusións xustifícanse sobre a base do resto do documento
  • Está escrito con claridade e concisión seguindo as normas de estilo da publicación
  • Contén os elementos clave: título, autores, filiación, palabras clave, texto principal, referencias e todas as táboas e figuras.
  • As referencias a traballos relacionados son completas e actuais.


Os traballos de investigación débense adaptar ás normas que as editorias establezan para os autores. É moi importante cumprir con estes requisitos para que non os rexeiten sen máis. As normas máis habituais refírense  á  extensión  do  artigo,  o  formato  do  texto,  a  presentación  de  táboas  e gráficas, o formato dos ficheiros e o seu tamaño, e o estilo das citas e da bibliografía.

 

Información para autores 


Cambridge University Press. Services for Authors
Elsevier for Authors
Emerald Publishing for Authors
Oxrford University Press Author Resource Centre
Servizo de Publicacións da UDC
Springer Authors & Editors
Taylor and Francis Authors Services
Wiley Authors Services

 


O manuscrito débese acompañar dunha carta de presentación  dirixida ao editor (cover letter) na que os autores defenden as fortalezas da súa achega científica, converténdose así nunha ferramenta coa que se tenta persuadir da importancia da súa contribución.

Deberíase comprobar se nas instrucións para os autores hai un modelo de carta ou se especifican as seccións e os datos que ten que incluir.

Habitualmente sinálanse os seguintes aspectos:

  • Datos básicos do artigo, título e nome dos autores
  • Orixinalidade do traballo
  • Que se achega de novo á disciplina
  • As razóns pola que se elixiu esta revista, indicando a idoneidade de que o artigo apareza publicado na mesma
  • Declaración de que o manuscrito é orixinal e non se envía outra copia a outra revista ao mesmo tempo.
  • Confirmación de que non hai conflito de intereses e de que todos os autores aproban o envío do artigo a esa revista.

Pódense suxerir posibles revisores para a avaliación do manuscrito baseándose no seu dominio do tema. Nunca se deben propoñer revisores da mesma institución á que se pertence . 


Unha vez enviado o artigo, iníciase o proceso denominado revisión por pares ou peer review que consiste na selección de expertos na materia por parte do equipo editorial , encargados de elaborar un informe crítico, que será empregado para tomar unha decisión sobre a aceptación ou non do traballo.

Hai varios tipos de revisión por pares:

  • Cego simple, os revisores coñecen aos autores, pero os autores non coñecen aos revisores.
  • Duplo cego, nin os revisores nin os autores coñécense.
  • Revisión aberta, os revisores e os autores coñécense entre si.

​Existen catro veredictos posibles para un manuscrito:

  • Aceptado Non é necesario facer ningún cambio, é esta unha situación extraordinaria e improbable que ocorra moitas veces ao longo dunha carreira científica
  • Rexeitado Implica que non interesa nin será publicado. Pódense aproveitar os comentarios dos revisores para axudar a mellorar o artigo para o seu envío a algunha das outras revistas seleccionadas. Se o seu artigo é rexeitado, non o considere un fracaso persoal, "o rexeitamento é a regra", e é habitual no proceso de publicación.
  • Aceptado con cambios menores Esta situación é a máis habitual, implica que o traballo interesa á revista e vai ser publicado. Os cambios non implican demasiado traballo, adoitan estar relacionados con explicacións complementarias, a redacción, gramática, interpretación de resultados ou presentación de datos. É unha boa práctica por parte dos autores aceptar e seguir os cambios.
  • Aceptado con cambios maiores Esta situación é a que xera máis incerteza. O manuscrito pode ser aceptado se os autores realizan cambios substanciais, pero non se garante a súa publicación. Se se decide realizar os cambios, o manuscrito volve a someterse a revisión e poderán suxerir novas modificacións. Nesta situación o primeiro que deben facer os autores  é valorar se son factibles, ou ben retirar o traballo e envialo a outra revista.

Características dun bo revisor:

  • Ser experto no tema que vai revisar.
  • Facer unha revisión bibliográfica do que publicaron outros autores no mesmo campo para coñecer se o artigo achega algo novo ao xa publicado.
  • Completar a revisión a tempo.
  • Suxerir modificacións ben fundamentadas aos autores.
  • Ser obxectivo e facer crítica constructiva.
  • Elaborar recomendacións claras ao editor

O fluxo de traballo posterior á aceptación das publicacións adoita ser o seguinte:

  • O seu artigo será publicado en liña, sen editar, pero se pode citar como un "Artigo aceptado".
  • Enviaráselle unha proba do seu artigo para a súa verificación. Nesta etapa, só serán correccións menores, relacionados coa composición tipográfica. Unha vez que haxa finalizada a súa proba, non hai máis correccións. Se nota erros fundamentais no documento final publicado, só pode corrixilos a través dun corrigendum ou errata, que é unha publicación separada.

Unha vez publicado, é aconsellable difundir e distribuír o artigo dentro da comunidade académica, enviando o traballo a colegas que investiguen no mesmo tema, depositándoo en repositorios, no sitio web persoal ou do grupo de investigación. Adicionalmente recoméndase seguir unha estratexia de difusión a través das ferramentas 2.0, redes de blogues, redes profesionais.

imaxen

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons