Se vai publicar nunha revista de subscrición, e non de acceso aberto, teña en conta que, o título e o resumo son as únicas partes do seu traballo visibles nos motores de busca, o que lle permitirá chegar a unha audiencia máis ampla.
Redactar o título antes de escribir o artigo pode axudarlle a enfocar o seu traballo . Debe ser informativo e interesante para atraer o interese dos revisores e posibles lectores.
En definitiva, o título ten que ser inequívoco, atractivo e comprensible.
A firma científica é a "palabra clave" que teñen os autores para recuperar a súa bibliografía ao longo da súa carreira académica, polo que teñen que prestar moita atención a como asinan os seus traballos.
Recoméndase:
Cando se trata dun traballo científico en colaboración, todos os investigadores que participen terán que aparecer como autores cos seus nomes e coas súas filiacións. Deberase listar primeiro aos autores que contribuísen en maior medida, por iso faise nacesario que esta cuestión se decida antes do proceso de redacción. A natureza cada vez máis colaborativa da investigación leva a un maior número de autores nos documentos, e poder definir " quen fixo que" será cada vez máis importante.
Algunhas revistas, se o artigo é aceptado para a súa publicación, obrigan nas súas normas editoriais a unha declaración da contribución de cada un dos autores
As persoas que non figuran como autores e contribuiron no estudo (por exemplo traductores) mencionaranse nos agradecementos.
Se despois de entregar o documento é necesario facer algún cambio terá que ser aprobado por todos os autores.
As palabras clave son puntos de recuperación do traballo de investigación.
Listaxe doutros tesauros ou clasificacións temáticas.
O resumo é o segundo elemento máis lido logo do título, e determinará que o lector desexe ler o texto completo.
Toda información extraida doutra publicación proporcionarase con cita para evitar o plaxio.
A norma ISO 690:2010 e a súa correspondencia en español UNE-ISO 690:2013 indican como redactar citas e referencias de maneira uniforme e coherente. Existen tamén outros formatos moi populares: APA, Vancouver e mesmo moitas revistas crearon o seu propio estilo, o que trae como consecuencia que os autores teñan que investir bastante tempo para adaptar as súas bibliografías ao formato da revista á que queren enviar o seu artigo.
Na conversión de estilos pode ser de gran axuda os xestores de referencia como Refworks, EndNote, etc.
En todo traballo científico débense recoñecer as publicacións que haxan influido na investigación, ler as fontes primarias dos artigos citados e evitar o sesgo na citación, é dicir, citar selectivamente só os artigos que apoian un punto de vista particular e ignorar ou subestimar os que o contradín.
Pode atopar máis información na Infoguía Citas e referencias bibliográficas
O apartado de agradecementos dunha publicación serve para:
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es