Ir ao contido principal

Guía para publicar

Onde publicar

Revistas

A pesar dos cambios actuais na paisaxe editorial, en disciplinas como ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, segue sendo o artigo de revista a principal vía para publicar resultados de investigación.
Antes de decidir en que revista publicar teña en conta dúas cuestións relevantes: 

  • A audiencia á que se dirixe a investigación. Fale con compañeiros e colegas sobre as revistas que len e ás que envían os seus artigos, e pídalle ao seu supervisor que lle aconselle sobre as publicacións que debe buscar.
  • O Factor de impacto 

Pódense equilibrar estas cuestións seleccionando unha revista coa maior audiencia especializada posible e asegurándose de que o seu artigo poda atoparse facilmente mediante o uso de palabras clave, mellorando a visibilidade e posicionamento nos motores de búsqueda ou compartindo os resultados da súa investigación en redes académicas, blogs, etc.

Se a investigación foi subvencionada con fondos públicos, a convocatoria pode obrigarnos a publicar en acceso aberto.

Congresos nacionais e internacionais

Mostran os descubrimentos recentes dos equipos de investigación a unha audiencia concreta da comunidade científica.​.

Monografías, manuais ou tratados

Publican estudos específicos sobre un tema concreto dentro dunha disciplina. Inclúen análises profundas e exhaustivas podendo incorporar reflexións e críticas. Cobren un campo máis amplo que os artigos, ainda que o seu proceso de edición é máis laborioso que o das revistas ou congresos, sendo, polo tanto, a súa información menos actual e recente.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.biblioteca@udc.es     Licenza de Creative Commons