Un recurso electrónico é calquera fonte de información á que a Biblioteca da Universidade da Coruña proporciona acceso nun formato electrónico. Estes recursos de información inclúen: revistas a texto completo, libros en liña, dicionarios, enciclopedias, datos económicos, imaxes dixitais, perfís da industria, estudos de mercado, información profesional, etc.
Recursos electrónicos contratados pola UDC
A través da súa Biblioteca, a UDC ofrece á súa comunidade o acceso a uns 90.000 libros, 27.000 revistas (subscritas ou contidas en bases de datos) e máis de 50 bases de datos para que sirvan de apoio da actividade investigadora, a docencia e a aprendizaxe.
Moitos destes recursos permítenlle crear un perfil persoal para o seguimento do novo contido a través do correo electrónico ou fontes RRSS.
Xunto con estes recursos contratados, existen outros moitos recursos gratuítos recollidos tamén pola Biblioteca Universitaria na súa páxina web.
Ademais, no RUC (Repositorio Institucional da UDC), están depositados máis de 15.000 recursos electrónicos propios (teses, artigos, traballos académicos e coleccións especiais).
Como membro da comunidade da UDC pode acceder as 24 horas dos 7 días da semana aos nosos recursos electrónicos (e-revistas, e-libros, bases de datos) desde calquera dispositivo conectado a internet.
Desde as instalacións da UDC: a través dos ordenadores ou mediante calquera dispositivo conectado á rede da UDC.
Desde fóra da UDC: acreditándose como membro da comunidade universitaria: profesor (PDI), estudante, investigadores e outro persoal da UDC.
Contactos
Para consultas sobre a configuración do acceso, contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU); cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es