Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Guía de apoio para a realización do TFG: Presentación

Obxectivo

Esta guía serviravos de apoio para buscar información nas fontes correctas, redactar o traballo con rigorosidade científica ou expoñelo con claridade.

Que é o TFG?

O TFG supón a realización, por parte de cada estudante, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dunha ou máis persoas directoras. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.

Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes como máximo 78 créditos para completar os estudos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para rematar o plan de estudos do grao.

O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de grao, agás os correspondentes aos propios TFG.

(Normativa reguladora da matrícula e a defensa do traballo fin de grao (TFG) e do traballo fin de mestrado (TFM) da Universidade da Coruña)

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons