A avaliación da información é tan importante como o proceso de busca, xa que debedes asegurarvos que a información que utilizedes sexa pertinente e de calidade. Neste apartado sinalaremos algúns criterios mínimos que debedes ter en conta á hora de avaliar a información atopada, especialmente a recuperada da web.
AUTORÍA |
Algúns sitios que, a priori, serían máis fiables son os sitios web de universidades e centros de investigación (por extensión, URLs de todo o domino .edu), de organismos públicos oficiais, de institucións culturais e científicas (museos, arquivos...), editoriais científicas e académicas coñecidas e prestixiosas, entidades e asociacións científicas, etc. Convén evitar foros e sitios de intercambio de opinións particulares. |
CONTIDO |
Serán indicios de fiabilidade que o texto estea redactado de forma apropiada, que utilice unha linguaxe científica precisa, que xustifique as afirmacións mediante referencias bibliográficas, etc. |
ACTUALIDADE |
Pode haber outros indicios no texto, como datas citadas, noticias, datos, lexislación… |
OBXECTIVIDADE |
Serán indicios de fiabilidade que non haxa sesgos ideolóxicos ou doutro tipo nin exceso de publicidade. |
Táboa baseada en: Martínez Rodríguez, Luis Javier .Cómo buscar y usar información científica: Guía para estudiantes universitarios 2016.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es