Unha vez avaliado o traballo polo tribunal correspondente, o TFG pode ser incluído no repositorio institucional da UDC, o RUC, que ofrece acceso aberto ao texto completo de documentos creados polos membros da UDC no seu labor de investigación e docencia. O seu obxectivo é dar maior visibilidade a estas publicacións e asegurar a súa preservación e accesibilidade.
Un dos aspectos contemplados no Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña é o procedemento para que os mellores traballos poidan publicarse, a proposta da comisión encargada dos TFG, no repositorio institucional da UDC (RUC).
No caso de que as persoas autoras do TFG non autoricen o depósito e a publicación deste no RUC, por razóns de confidencialidade entre outras, deberán solicitalo previamente ante a comisión dos TFG, que resolverá en cada caso.
Podedes consultar os traballos publicados no repositorio:
Coa publicación do TFG no RUC obteranse as seguintes vantaxes:
![]() |
Maior visibilidade, uso e impacto do traballo. O traballo será máis visible porque os contidos do RUC poden ser recuperados por outras ferramentas de busca de información (buscadores como Google Académico, recolectores, etc.) e polo tanto, será máis utilizado. No apartado de estatísticas de cada rexistro pódense consultar algúns datos de uso: número de visitas ao ficheiro e procedencia das visualizacións. |
![]() |
Facilitarase a consulta e o acceso a outros membros da comunidade universitaria interesados na temática do traballo. |
![]() |
Maior garantía de preservación, xa que unha das funcións dos repositorios é a de preservar os contidos que albergan e garantir a súa conservación a longo prazo. Ademais, facilita unha URL permanente (handle) para proporcionar unha lilgazón sempre estable. |
![]() |
O recoñecemento do traballo e a protección dos dereitos de autor a través das licenzas Creative Commons. É importante sinalar que segundo o artigo 39 do Estatuto do Estudantado, os dereitos de propiedade intelectual pertencen ao autor do traballo, é dicir, ao alumno/a. |
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es