A defensa é a exposición pública do traballo ante un tribunal académico. Componse de:
Para preparar a exposición oral do TFG ante o tribunal é importante planificar previamente o guión que se seguirá. Este debe de ter unha estrutura que permita ao tribunal seguir a liña argumental do que se está a expoñer:
É unha boa idea abrir e pechar a presentación con textos que sean "especiais": Os primeiros minutos serven para xerar interese na audiencia, e os minutos finais deben utilizarse para dar un peche no que se salienten conceptos que permitan recapitular os puntos máis importantes que se trataron ao longo da presentación. (Fonte: Biblioteca de la Universidad de Alicante)
Tamén hai que ter en conta o control do tempo asignado para realizala, que debe consultarse co titor/a ou na normativa do TFG de cada titulación. Ademais, recoméndase practicar previamente a exposición ante compañeiros.
Recomendacións xerais
Utilizar xestos que acompañen o discurso e faciliten a comprensión. Por exemplo, utilizar as mans para salientar ou dirixir a atención sobre algo
Adoptar unha postura correcta
A maioría dos manuais recomendan realizar unha presentación de diapositivas (en PowerPoint ou Prezi) como complemento á exposición oral do traballo, que lle permita ao tribunal reforzar visualmente as ideas que se queiran destacar.
Unha boa presentación proporciona un valor engadido ao traballo, polo que é importante coidar a presentación do material que se vai a expoñer, o deseño tipográfico, etc.
Recomendacións xerais:
Nalgunhas titulacións, en lugar da presentación de diapositivas, elabórase un póster científico para facer a presentación e defensa do TFG. O póster é un resumo gráfico do traballo realizado e caracterízase pola súa calidade gráfica. Recoméndase seguir a seguinte estrutura:
Introdución + Obxectivo + Metodoloxía + Resultados + Discusión + Conclusións
Polo menos un 50% do póster debería ser contido puramente visual: iconas, gráficos, destacados…Algúns programas recomendados para elaboralo son Canva ou Piktochart.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es