Unha vez localizada e avaliada a información máis relevante para o traballo, o seguinte paso é comenzar a redactar o TFG. Aquí índicámosvos unha serie de suxestións xenéricas sobre a estrutura e os contidos que debe ter este tipo de traballo académico, pero ante todo debedes ter en conta as indicacións específicas do titor/a ou director/a do TFG, así como a normativa correspondente do voso centro, xa que pode que vos requiran algún tipo de letra concreta, marxes, extensión, etc
Hai diversas guías e manuais que poden ofrecervos consellos prácticos para escribir o traballo. No final desta páxina recomendámosvos algúns que temos na Biblioteca.
Algunhas suxestións xenéricas:
A portada axustarase ao establecido na normativa de cada centro, pero por norma xeral debe conter os seguientes elementos:
O resumo (ou abstract) debe ser unha breve e precisa representación do contido do TFG (a extensión soe estar entre 150-200 palabras). Debe incluír o obxectivo principal do estudo, a metodoloxía utilizada, os resultados máis importantes e as conclusións. Non debe incluír información que non forme parte do TFG nin debe mencionar a bibliografía consultada.
Recomendacións a seguir:
(Recomendacións baseadas en Pinto, M. Elaboración del resumen)
A continuación do resumo e na mesma páxina deben figurar as palabras clave (keywords). Son termos clave que reflicten o contido do traballo e serven para determinar a súa temática. O número de palabras clave que se inclúen adoitan ser ao redor de cinco.
Recomendacións que se deben seguir:
Para a selección de termos e/ou a súa tradución ao inglés, podedes axudarvos dos tesauros (listas de termos controlados). Algúns dos máis significativos son:
- Tesauro da UNESCO: lista controlada e estruturada de termos para a análise temática e a busca de documentos e publicacións nos campos da educación, cultura, ciencias naturais, ciencias sociais e humanas, comunicación e información.
- Tesauros do CSIC: tesauros do CSIC especializados en diversas materias: psicoloxía, economía, urbanismo, etc.
- MeSH (Medical Subject Headings): tesauro de Medline. Trátase dunha linguaxe controlada de termos biomédicos.
Tanto o resumo como as palabras clave deben figurar en castelán e inglés.
O índice é unha táboa de contidos onde figuran todas as partes do traballo con indicación da páxina en que se poden atopar. Hai que distinguir o índice de contido do índice de ilustracións.
O índice de contido é a relación de todos os apartados e subapartados, bibliografía e anexos que se incluén no traballo. Inclúe o nome de cada apartado e o número de páxina en que se inicia.
O índice de ilustracións debe incluirse cando se utilizan táboas, figuras, gráficos ou outro tipo de ilustracións no traballo. Recoméndase obter de forma separada os índices de táboas e de figuras ou outro tipo de ilustracións. Estes índices deben situarse despois do índice de contido e en páxina aparte.
Na introdución debe especificarse:
En definitiva debe de responder ás seguintes preguntas:
É a parte principal do traballo e a máis extensa, onde se desenvolve o traballo de investigación. O seu contido pode variar segundo a metodoloxía utilizada: pode ter a forma dunha revisión bibliográfica, da presentación dun experimento, etc.
Debe dividirse en capítulos e seccións, mantendo unha xerarquía na presentación dos contidos que faga comprensible o texto.
Neste apartado preséntanse de forma concisa os resultados obtidos despois do estudo, elaboración e redacción do TFG. Hai que evitar que sexa simplemente un resumo, e débense comentar tamén as limitacións que se atoparon, valorando as fortalezas e debilidades do traballo realizado, as cuestións que quedaron pendentes, de ser o caso, ademais de aportar a propia contribución persoal sobre o tema. Os resultados tamén poden servir como base para propoñer novas liñas de investigación derivadas do tema orixinal.
Especificarase a bibliografía utilizada, é dicir, a relación de fontes de información (tanto en formato impreso como electrónico) consultadas ao longo da elaboración do traballo. O TFG contará cun sistema uniforme de citación e cunha bibliografía final, ambos seguindo o estilo bibliográfico correspondente segundo a área de coñecemento.
Na guía Citas e referencias bibliográficas atoparedes información sobre como citar e como elaborar a bibliografía.
Os anexos son un apartado opcional no que se pode incluír material utilizado no TFG, demasiado extenso para ser incluído no propio corpo do traballo pero complementario ou necesario para xustificar resultados ou conclusións. Pode tratarse de táboas estatísticas, gráficos, entrevistas, etc.
Soen identificarse con letras maiúsculas (Anexo A, Anexo B, etc.).
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es