Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Documentación e metadatos

Documentación

Para unha correcta comprensión e utilización dos datos de investigación, é imprescindible a creación do ficheiro Readme.txt, que estará ubicado xunto ao resto de ficheiros que conteñen os datos de investigación. Nel se inclúe información sobre a autoría, título, metodoloxía, breve descrición do conxunto de datos, dereitos de uso, etc. Débese publicar en inglés, para asegurar un maior alcance dentro da comunidade investigadora.

Un exemplo de plantilla para a redacción do Readme.txt é a do repositorio de datos do Consorcio Madroño, e-cienciaDatos: Plantilla Readme.txt

Metadatos

Ademais da documentación explicativa é preciso describir os datos para poder identificalos e organizalos . Esta descrición dos datos faise a través dos metadatos. En particular, os datos deben ter un identificador único e persistente, información sobre como citalos, unha licenza que indique como poden usarse ou reutilizarse, información sobre o formato de arquivo, unha descrición do conxunto, materia e palabras crave que os describan, unha lista de autores e información sobre o financiamento. Canto máis relevantes sexan os metadatos, máis  fáci será para outros investigadores atopar e reutilizar os datos.

Na actualidade existen varios estándares de metadatos para describir os datos. Cada área de coñecemento ten o seu estándar propio e as súas ferramentas. Na páxina do Data Curation Center (DCC)  hai unha selección por disciplinas , así como unha listaxe de ferramentas que foron desenvolivdas para capturar ou almacenar metadatos conforme a un estándar específico. Tamén se pode consultar Fairsharing.org

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons