Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Plan de Xestión de Datos

O Plan de Xestión de Datos é un documento formal que describe todo o ciclo de vida dos datos desde a súa recollida ata a finalización do proxecto de investigación, e no que se detalla que datos se van a xerar ou recompilar, como se van a procesar, se serán compartidos ou non, e como se van a conservar. É un documento "vivo", que irá evolucionando e adquirindo máis precisión e contido ao longo do proxecto. Debería actualizarse polo menos unha vez cara á metade do transcurso do proxecto e outra ao final.

Os Plans de Xestión de Datos son un requisito cada vez máis demandado nos proxectos financiados con fondos públicos, sobre todo en Europa, así os proxectos financiados con H2020 iniciados en 2017 deberán garantir o acceso aberto aos datos de investigación, salvo excepcións xustificadas. Os participantes terán que entregar un Plan de Xestión de Datos durante os 6 primeiros meses de vida do proxecto, que debe de ser actualizado durante todo o proceso.​ 

No seu sucesor Horizonte Europa, programa de investigación e innovación da UE para o período 2021-2027, quérese garantir o acceso aberto aos datos de investigación segundo o principio “tan aberto como sexa posible e tan pechado como sexa necesario”. Ademais, insístese na obrigatoriedade do desenvolvemento de plans de xestión de datos.

Os proxectos financiados co Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 deberán proporcionar, así mesmo, o acceso aberto a resultados e datos de investigación mediante o seu depósito en repositorios. Estes proxectos poderán incluír, con carácter optativo un plan de xestión dos datos de investigación. Os traballos e os datos publicados en aberto serán tidos en conta na avaliación curricular dos investigadores. 

A información a incluír nun Plan de Xestión de Datos cubrirá os seguintes aspectos:

  • Identificación dos datos que se utilizarán: tipoloxía, procedencia, formatos, etc.
  • Documentación dos datos: que metadatos e documentación acompañarán aos datos (por exemplo, metodoloxía de recompilación de datos).
  • Medidas de control de calidade dos datos: descrición dos procesos para asegurar a fiabilidade dos datos ao longo da investigación (por exemplo, calibración, vocabularios controlados, etc.)
  • Estratexia de almacenamento e preservación dos datos: como se almacenarán e realizarán copias de seguridade dos datos; repositorio ou sistema de conservación dos datos.
  • Políticas de datos: propiedade intelectual, licenzas de reutilización, tratamento de datos sensibles e persoais, etc.
  • Descrición de como se difundirán os datos: cales e onde se van a difundir, posibles restricións para compartir datos ou motivos de embargo, etc.
  • Asignar roles e responsabilidades: quen será responsable da xestión dos datos, que recursos se dedicarán (económicos e de tempo).

Ferramentas para elaborar un Plan de Xestión de Datos

DMPonline desenvolvido polo Digital Curation Center. Ofrece plantillas para plans de xestión de datos, entre elas, unha para proyectos H2020 da Comisión Europea e unha plantilla xenérica que pode utilizarse para calquera proxecto de investigación, permite a exportación para incluílo nunha oferta de financiamiento e compartir con colegas. Para a súa utilización é necesario rexistrarse.

PAGODA / PGDonline: adaptación e tradución ao español polo Consorcio Madroño da ferramenta DMPonline desenvolvido polo Digital Curation Centre. Adaptado aos requirimentos e directrices Horizonte 2020 para axudar aos investigadores para elaborar plans de xestión de datos. É necesario rexistrarse.

DMP Tool é un servizo da Universidade de California. Permite compartir, editar e exportar o PGD cando sexa necesario. Non dispón de plantilla para proxectos H2020.

Argos é unha plataforma aberta desenvolvida conxuntamente entre OpenAIRE e EUDAT para a creación, xestión e difusión dun PGD. Argos guía aos usuarios ao longo do proceso de redacción dos PGD segundo criterios FAIR e posibilita que se xestionen como obxectos resultado de investigación aos que se poden asignar DOI, licenzas, etc. Tamén permite que os PGD se realicen de forma colaborativa entre colegas do proxecto.

Trátase dun servizo incluído na EOSC (European Open Science Cloud), iniciativa promovida pola Comisión Europea.

Videos

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons