Desde o momento no que se comeza unha investigación, a preservación de datos, ou máis especificamente, a preservación de datos dixitais xerados debería ser un aspecto crave a considerar, algúns datos son únicos e se se destrúen ou perden non poden ser substituídos polo que se fai necesario planificar os espazos de almacenamento así como deseñar un plan de protección e seguridade dos mesmos.
Considéranse boas prácticas de almacenamento:
![]()
|
Os medios de almacenamento son complementarios entre si e algunhas das solucións máis comúns son:
|
Comparación de opcións de almacenamento de datos. Traducción de: ANDS (2016). Data Storage.
Os medios de almacenamento terán que ser seguros para protexer os dereitos de propiedade e manter a confidencialidade da información e se se trata de datos persoais, haberá que ter en conta tamén a lexislación nacional vixente.
Con relación á seguridade consideraremos:
|
|
Un aspecto importante na protección dos datos relaciónase coa eliminación segura dos mesmos. É importante abordar este punto porque chegará un momento no que deberán eliminarse aqueles datos que conteñan información sensible e/ou que permita identificar a persoas.(por exemplo, unha vez que os datos foron anonimizados).
Este proceso ten que ser irreversible, pódese realizar mediante o uso de software especializado de sobreescritura de datos, desmagnetizando os medios de almacenamento ou destruíndoos fisicamente. Con calquera destes métodos os datos non serán recuperables.
Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es