Skip to Main Content
Parece que está usando Internet Explorer 11 o una versión anterior. Este sitio web funciona mejor con navegadores modernos como las últimas versiones de Chrome, Firefox, Safari y Edge. Si continúa con este navegador, es posible que vea resultados inespera

Datos de investigación: Reutilizar e citar

Citar datos de investigación

Institucións de educación superior e axencias de financiamento da investigación de varios países están a levar a cabo iniciativas para crear infraestruturas que posibiliten a reutilización dos datos de investigación, mediante a adopción de políticas que promovan o acceso aberto e a accesibilidade dos datos a longo prazo. Os datos de investigación poden ser reutilizados en novas investigacións, en actividades académicas e para outros fins da sociedade en xeral.

É importante citar os datos correctamente para a súa fácil identificación e recuperación, para facilitar o seu impacto e para favorecer a transparencia da investigación científica.

Como norma xeral, os requisitos mínimos para citar datos son unha referencia bibliográfica completa, ademais do identificador unívoco e permanente en que estea accesible (por exemplo, o seu handle ou  DOI).

DOI Citation Formatter é un servizo de DataCite que elabora as citas de maneira automática dependendo do estilo que seleccionemos. Recomendan o seguinte formato:

  • Creador (Ano de Publicación). Título. Editor. Identificador unívoco (DOI, handle)

Tamén pode ser deseable incluir información sobre a versión e tipo de recurso (segundo o caso). Se es así, a forma recomendada é a seguinte:

  • Creador (Ano de Publicación). Título. Versión. Editor. Tipo de recurso. Identificador unívoco (DOI, handle).

Exemplo:
Richardson, Elizabeth A. (2009). Puntajes de privación de Carstairs para Escocia por CATT2, 1981, 1991, 2001 [Dataset]. Universidad de Edimburgo. Escuela de GeoSciences. http://hdl.handle.net/10283/19.

Unha vez elixido o estilo de cita é importante mantelo de forma homoxénea para un mesmo documento.

Universidade da Coruña. Servizo de Biblioteca Universitaria. Campus de Elviña, Edificio Xoana Capdevielle, 15071, A Coruña. infoguías.bib@udc.es     Licenza de Creative Commons